Portal de Teleformación de MAIV

Volver a Inicio

Benvido

Dende esta páxina poderás acceder ás seguintes actividades formativas, incluídas no Plan de Formación Agrupado da MAIV - Concello de Vigo para o 2009:

  • Open Office writer
  • Open Office calc
  • Open Office base
  • O Estatuto Básico do Empregado Público

Se xa estás admitido/a nalgún dos cursos, recibirás una comunicación por correo electrónico na que se che proporcionará un nome de usuario e un contrasinal de acceso para poder acceder ao mesmo.

Poderán inscribirse e participar nestas actividades todos/as os/as traballadores/as dos concellos e entidades locais que decidiron adherirse ao dito Plan Agrupado: Mancomunidade de Vigo, Entidade Local Menor de Bembrive, Concello de Redondela e Concello de Vigo.

O prazo de inscrición para inscribirse na convocatoria de cursos de 2009 xa está pechado.

Prazos

  Data de inicio Data final
Curso de Open Office 5 de outubro de 2009 31 de decembro de 2009
Curso de Estatuto Básico do Empregado Público 15 de outubro de 2009 31 de decembro de 2009

Confirmación das prazas asignadas

Para que un/unha alumno/a confirme a praza asignada, deberá completar a lección 1 de cada curso no que estea inscrito/a no prazo máximo de 2 semanas, o que implica superar a lección de Metodoloxía (lección 0) e a lección 1 de materia do curso no prazo establecido.

No caso de que o/a alumno/a non as supere nesas dúas semanas, darase de baixa no curso e asignaráselle a praza no mesmo a outra persoa da lista de reservas.

Requisitos técnicos para os/as alumnos/as

  • Dispoñer dun ordenador con conexión a Internet e un navegador (preferiblemente IExplorer 6 ou Mozilla Firefox).
  • Versión do programa: Necesitarás ter instalado o/os programas de estudio para realizar as prácticas.
  • Plugin de Flash Player instalado
  • Para ouvir os vídeos requírese unha tarxeta de son en o cas ode quere restablecer unha audioconferencia co titor, deberás ter unha tarxeta de son con micrófono.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España | Tlf: 986 42 33 66 | Fax: 986 47 14 44 | email: info@maiv.org